Algúns me advertides sobre da dificultade de ver "cine distinto" en Ferrol. Pois ben, nesta ocasión podo advertirvos a tempo da proxección no cine Duplex dende o vernes 25 de abril ata o martes 29, en función única as 18 horas, e por un prezo ridículo, da película
"9 olas" do talentoso director italiano -mais afincado en Ourense-
Simone Saibene, quen con medios moi escasos propónnos unha peculiar viaxe pola Galicia contemporánea na percura da identidade. Non é necesario dispor de grandes medios para amosar miradas persoais sobre a realidade inmediata. O propio director presentará as sesións de cada proxeción e dende o blog invítovos cordialmente a asistir a algunha das proxeccións.
Aquí tedes algunhas das ideas que agroman baixo das "9 olas", e a
quí unha fermosa e completa entrevista realizada pola xornalista Montse Dopico que vos pode aportar pistas sobre o filme
O fin de semana anúnciase chuvioso, polo que non parece unha mala ocasión para sentárense no cinema;
Adrián podería "matar o aburrimento" existencial e ontolóxico que arrastra durante un tempo (xa demasiado), ainda que
Pablo vai dicir que é lenta porque él vive moi apresa;
Iago -xove promesa do Novo cine galego, podería comprobar que para expresarse có cinema só fai falla decisión e ousadía, e á parella de feito
Brandán-Sergio ao mellor pillaría algunha idea orixinal para realizar algún video para Historia de Galicia; A
Eva quizais lle amosaría que Galicia ten moitos mais matices interesantes dos que se miran a primeira vista. Ao trío
Sergio, Noelia e Elsa que a paisaxe rural é a principal fonte de inspiración para os artistas que nos visitan mentres os galegos a desprezamos.
Noelia, Natalia, Laura e María para que entenderan que a percura de un mesmo, pensar e "reiventarse" é unha das tarefas mais importantes da idade na que vivides, para que non se despisten con cuestións epidérmicas e banais e maduren dunha vez con mais fortaleza;
Rafael ratificarase no seu, no orgullo da terra e que fora coñécesenos pouco.
Alicia comprobará que Galicia é algo mais que a Galicia bonita de lendas e praias fermosas;
Carlos sacará a súa retranca tan "nosa" para soltar algunha frase lapidaria das súas e que dará na diana de seguro;
David poderá "ensoñar" coas imaxes dunha nova banda sonora á fermosa fotografía do filme. Enfin colegas... que si queredes probar algo diferente, feito dende o corazón e a paixón polo cinema e Galicia, aí tedes unha ocasión de ouro. Polo menos probadea.Aí vai o trailer: