28/11/13

Unha procesión única

Quizais -porque sodes moi novos- non coñezades a música que "soa" nesta procesión. Mais iste plano secuencia entre surrealista e bravú resulta tan extraordinariamente divertido que aí vai como agasallo de fin de avaliación, para "estimular" a vosa mirada sobre Galicia..

 A) Aquí tedes o himno e a letra do mais famoso himno revolucionario anarquista da historia: "A las barricadas":

 B) E agora mirade o que pasa cando modificamos a "banda visual", cunha gravación auténtica realizada fai unha semana nunha aldea de Lugo e que semella pertencer a un filme "vello" (isa sería a vosa expresión). Interesante, non? Admítense opinións....

27/11/13

A auga.

A semana pasada, buscando información sobre os cultos que realizaban o pobo castrexo, atopeime con que os castrexos tiñan certo tipo de elementos divinizados, un deles era a auga.

A auga é un elemento central en moitas culturas antigas, e a castrexa é unha delas. A auga, nas súas diferentes formas: ríos, mananciais, fontes e océanos tiña un carácter sagrado, e nela se aloxaban divinidades de orixe acuática, como o Hakemann, un home provido dun gancho que levaba a xente ao interior das augas e os devoraba. Aínda así a auga tiña, xeralmente, cualidades positivas. Decíase que certas chuvias, ao procederen do ceo (outro elemento sagrado para os castrexos) tiñan unha natureza sagrada, que fecundaba. Incluso decíase que as pingas das treboadas de verán facían que naceran sapos do solo.

 
As augas tiñan diversas propiedades curativas, curaban males naturais e doenzas de orixe misterioso. Tiñan tamén un carácter purificador, que vese recollido nunha tradición chamada " a tradición do baño das nove ondas", localizada na praia da Lanzada, en Sanxenxo, na que se dicía cá auga de esa zona curaba as dores físicas e psíquicas.

A auga tamén tiña un carácter animado, algo que se ve na crenza de que se se bebía despois dás doce da noite podía xerar doenzas, pois desde esa hora a auga estaba durmida. Pola contra, as que se beben pouco antes do abrente decíase que tiñan un carácter benfeitor, xa que alongaba a vida. Aínda así as mellores augas eran as recollidas no abrente do día de San Xoán, chamadas flor de auga, e que curiosamente é unha tradición que pervive ata os nosos días.

Moitos dos seres que protexían as augas foron cristianizados e pasaron a ser santos. Neste conxunto de santos que foron anteriormente protectores das augas na cultura castrexa pódense sinalar tres grupos: os que pereceron polo lume, como santa Mariña, os que teñen relación coas augas, como san Cristovo; e por último os que teñen relación coas doenzas da pel, as que se aplica unha cura con auga.

A realidade desta cristianización levada á cabo pola relixión dominante vese claramente no feito de que sempre hai nun santuario unha fonte milagreira, elemento clave na cultura castrexa.

O que vin o domingo 24

Dende fai algún tempo levaba perdendo as chaves de casa e encontrandome os meus cascos moito máis enrolados e rotos que de costume, non levaba unha boa temporada, pensei pero non era iso.
O domingo ás cinco e cuarto da maña estaba durmindo e un ruído espertoume, cando fun a ver o que era isto e o que vin:
Non souben moi ben o que era ata que recordei unhas páxinas de mitoloxía galega que lin para esta mesma asinatura, era un trasno. El era quen se levaba as miñas chaves, enrolaba os meus auriculares, despeinabame cando durmía e escondía o meu móvil cando estaba en modo silencio.

Nada mais velo encerreino nun tarro para amosalo o día seguinte e para que parase de facer das súas, pero o trasno logrou escapar rompendo o cristal.

Prestixe

¿Qué pensades acerca do xuício que tivo lugar en contra dos dirixentes do Prestixe?
¿Qué pensades acerca de que a maioria dos dirixentes saían todos impunes, despois de provocar a catástrofe que fixeron?
A min paréceme unha vergoña, que xente así, este libre, despois das cousas que fixo, e logo, xente que non ten nin pra comer, e rouba para facelo, teña que ír a cárcere...
Un exemplo maís da vergoña da xustiza deste país.
.
Deíxovos nesta páxina a decisión final do xuíz (nun video, con información aparte sobre o xuízo):
Pinchade aquí


26/11/13

Vai de vento



Segundo o video de Manuel Gago que fixo para a súa presentacion de Vento e Chuvia, decidín, a partir disto, facer eu a miña propia lenda sobre os deuses de Galicia. 












Conta unha lenda que nas noites onde a lúa está chea e o silencio é capaz de inundar ata os máis profundos bosques, pasa algo moi raro. Onde non hai nin un piar dun paxaro, nin un remexer das follas, nin un suspirar dun alma...

Esas noites sucede que o Deus do Vento, baixa dende os seus apousentos  ata a superficie da Terra, onde os mortais habitan, ou iso din os que os algunha vez os viron. Descende aos bosques máis afastados das cidades, e, unha vez pousado o seu carro esplendoroso na terra húmida, baixa del e comeza a facer bailar as follas. Unha a unha érgueas e comezan a danzar arredor de si. Aseméllase a unha representación de danza clásica aínda mellor cas rusas. Algo nunca visto, e quen poida ser digno de velo, que leve cámara e que traia probas de tal magnífico espectáculo.


Para os humanos das cidades, que viven na ignorancia, pensan que é unha borrasca que se achega desde o noroeste, e o home que vive na tele e ás nove conta o tempo que vai facer mañá, e se teremos que levar abrigo, bufanda ou paraugas; o home que se cre adiviño para dicir se vai facer frío ou non, se vai chover ou non; ese home que non sabe que a tal borrasca esa non ten nin idea e que en realidade o Deus do Vento está facendo das súas no bosque máis grande dos arredores.

18/11/13

De verdade é asi?

Como vedes isto ? ...





Vos creedes que en realidade Galicia é asi ? Non, hai dubida de que sí , pero que poderoso se fai enganar a xente con videos de lugares fermosos, pero nin creades que Galicia é so isto senón que tamén teñen grandes problemas, que non vos enganen tede pensamento propio e non vos guiedes solo polo que vedes...
Ainda hoxe Galicia chora polo seu recente pasado...


4/11/13

É isto o que nos espera ?

Resulta increible pensar que en Galicia os dirixentes permitan isto, cando, os espertos tildan isto de "Auténtica bomba ambiental" Por unha Galicia sana ... 
#salvemosgalicia


2/11/13

Cousas que acontecen diante dos vosos ollos

Nestes días apareceron pola rede iniciativas que gardan relación con algunhas das cousas sobre as que falamos na clase de historia de Galicia. Aparentemente inconexas, mais de seguro que topades algunha relación entre elas. Non estaría demais que comentarades tod@s e intentarades relacionalas.
1.-O novo anuncio de Gadis, "Se chove, que chova" que segue dando voltas sobre o mesmo:

2.- Unha onda ben distinta é o éxito mediático desta peculiar versión Gangnam "Style Galego" de Dani Moreiras, para que riades un rato.
3.- A presentación en Santiago do gran proxecto de mitoloxía galega "Vento e chuvia" do que falamos o outro día. Manolo Gago explica de qué vai a cousa
4.- Presentación da revista de xornalismo e pensamento crítico Luzes de Galicia, dirixida entre outros polo gran escritor Manolo Rivas

 5.- E por último concedeuselle o Premio Nacional de Comic 2013 ao grande MiguelAnxo Prado por Ardalen. Aquí podedes ver o seu filme "De profundis"  

 Cál é a relación entre estas cinco historias?

17/10/13

Vento e Chuvia



Hai por aí xente teimuda en aportar xeitos alternativos de mirar Galicia. Algunha vez en clase faleivos dun dos meus blogs galegos favoritos: Capítulo Cero. O seu autor Manolo Gago, é un xornalista un tanto especial, xa que ten unha obsesión especial pola divulgación do patrimonio galego -e mais en particular entre as novas xeracións-, utilizando todo tipo de tecnoloxía contemporánea e unha narrativa na que prima a emoción sobre o coñecemento fosilizado. Manolo ven de anunciar un novo e apaixoante proxecto que se presentará publicamente o 30 de outubro: Vento e Chuvia. Non vou a desvelar de qué vai. Se vos interesa... teredes que navegar pola súa páxina... Non estaría mal que aportarades as vosas opinións...
Iste é o video de promoción... 


12/10/13

Ferrolterra é tan bonita?

As veces expresamos na clase algúns prexuizos cara Ferrol e as súas terras, especialmente cando a consideramos dende algún peculiar  punto de vista dos nosos ollos: Sen embargo a linguaxe audiovisual pode trabucar completamente a nosa impresión e transformala na oposta. Mirade iste spot. En realidade poderíamos facer outro spot que transmitise unha impresión totalmente contraria á que vemos aquí. Isto do audiovisual é unha maxia poderosa...Qué vos parece iste spot?

10/10/13

Chuleta para usar Google

Ista entrada pretende axudar aos que non teñades moita experiencia na busca de datos concretos en Internet. Unha chuleta con atallos e as recomendacións básicas do Google. Que vos sexa util....

30/9/13

Galicia es una mierda?

Como estamos no comezo deste curso falando do que é Galica para vos,quixera propoñervos distintos xeitos de veren o noso pais dende diferentes puntos de vista. Principiamos por ista canción. Supoño que coñecedes  a estes mozos entre divertidos e retranqueiros que levan tocando dende o 2002 por toda a xeografía do país. Sen dúbida, un dos grupos rock mais singulares e provocadores do panorama  musical galego é  Ataque Escampe..Aquí tedes a súa historia segundo a Wikipedia



Adxunto unha das cancións "xeneracionais" do grupo: "Galicia es una mierda". A súa música está pola rede...Qué vos parece..?. Sentides algo similar ou mais ben todo o contrario?

29/9/13

Benvid@s

Ola Bendid@s, pacharistas á vosa páxina colectiva de Historia de Galicia... Un blog que pretende ser aberto, participativo e democrático. Xa podedes comezar a debullar a realidade galega e ferrolana e sorprender ao mundo có voso talento e imaxinación. Aquí tedes un pequeno manual que vos pode axudar a utilizar o Bloguer. E tamén un pequeno video tutorial que tamén pode servos de utilidade.

Ver mapa más grande