20/5/14

Bazan no futuro

Certo é que xa na actualidade Bazan non se atopa no seu mellor momento pero… que pasara no futuro?

Pensade que os barcos que principalmente se están fabricando en Bazán son petroleiros de gran eslora. Actualmente, están cobrando moita importancia as enerxias renovables , é dicir, cada vez se consume un pouco menos de petróleo e polo tanto, cada vez é menor a demanda de petroleiros. Parece que todo indica que esta industria que tanto prestixio lle deu a Ferrol ten que desaparecer, pero o certo é que baixo o seu declive non so se agocha a falta de demanda de petroleiros.

Eu de primeira man os podo contar una anécdota do meu pai, que traballa nun barco da armada española é que actualmente está atracado na ría de Ferrol. Eles mesmos vironse obrigados a atracar o barco na graña porque o prezo que ofrecia Bazan por ter o barco na súa parte do pantalán era moi elevado. A todo eso engádeselle que todas as reparacions que necesitaran, custáballes o dobre si se as facia una empresa de bazán que un una de fora.


Onde creedes que esta o problema ? Na demanda dos petroleiros ? Esto explica todos os sobre soldos que se cobraban na época na que os nosos estaleiros atopabanse na cumbre mundial. Pero como di o refrán… todo o que sube baixa .

Reflexionade un chisco, rapazolos.

Sé moi ben que isto que vou compartir con vostedes no ten que ver co tema de Galiza no futuro, pero sí con cómo é o mundo que pasa ante nós, e en qué se está convertindo. Avísovos, este filme ten xa uns aniños, e podedes ver como ten unha vixencia abraiante, e aínda agora anticípanos o que pode ser esto ao que lle chamamos sociedade. Deixo o rollo porque o que importa é que cada un saque as súas conclusións. Vola recomendo, e moito, aínda que sei que todos vades pasar olímpicamente, polo menos o intentei. 


5/5/14

A quén pensas votar para as eleccións ao Parlamento europeo?

Tal e como falamos en clase, velaí tedes a ligazón para que vos fagades este test e podades ubicaros políticamente si pensades votar o vindeiro 25 de maio. Que vos preste....
A ligazón para acceder ao test está aquí

Campaña institucional das eleccións europeas

30/4/14

Virá algun turista á Galicia do 2040?

A pregunta retórica baséase na continuidade ou non dese fenómeno tan "galego" denominado Feismo. Ancorado nunha escasa tradición cultural e falta de autoestima, a paisaxe rural galega deteriórase por momentos. A Nova Ley de Montes ou de Costas do ministro Arias Cañete promete darlle a puntilla. a isa mirada tan naif e bucólica que tod@s tiñades de Galicia ao comezo do curso.  Vale, tedes xa 40 anos e ídeslle a amosar Galicia a uns colegas que queren coñecer a nosa terra. Qué verán?. Hai xeito de contrarrestar iste fenómeno?.
Nesta páxina web podedes achegarvos a iste proceso de deterioro da paisaxe rural e urbana. Tamén aquí tedes unha boa colección de fotografías para que entendades ben de qué estamos a falar, ou este blog "Feismo sen encanto"  íntegramente adicado a esta ¿tendencia estética?... Estaría ben que
 visitarades as numerosas referenzas escritas, visuais e audiovisuals que abondan pola rede para construir unha utopia ou distopia sobre a Galicia do 2040.

Galicia, paraiso da terceira idade?

Outra das distopias-utopias sobre a que podedes traballar é o problema demográfico na Galicia do futuro. No 2039 sairedes a pasear por Ferrol e a quén veredes na paisaxe?.. Serán só vellos?, ou haberá savia nova que alegre o voso presente?. Hai moita xente preocupada por ise tema. Nesta ligazón tedes numerosas novas sobre este problema do futuro de Galicia. Ata os políticos alertan cada día con mais insistencia sobre este peculiar problema que nos convirte no territorio mais envellecido de Europa.
E si miramos á Ferrol tampouco é para seren moi optimistas. Aquí tedes a pirámide de poboación segundo o censo do 2012:


Mirade tamén a evolución da poboación ferrolana no decurso do tempo e proxectade a tendencia ata o 2040...



A nada que lle preguntedes ao Señor Google sobre este asunto non deixaredes de ver fotos, videos e documentos sobre un dos problemas centrais de Galicia e factor clave do seu futuro.



No 2040, falarase galego?

Nas olladas sobre a situación de Galicia no 2040 non podería faltar unha reflexión sobre o galego. Moitos de vos no debate de clase pensades que o galego xa non existirá como idioma, Propóñovos tres visionados complementarios como base para unha posible reflexión persoal.
.
 1.- O primeiro é do creador Edu Lavandeira e propón unha curtametraxe distópica sobre o galego no 2098:


2.- O segundo estaría enmarcado na utopía do galego como lingua de referenza "que sabe a pan", nun lipdub realizado por nenos nun colexio de Cea (ourense):  

3.- O terceiro visionado é a primeira parte dun documental realista moi interesante sobre a lingua dos adolescentes galegos realizado por Maria Yañez có titulo de "Linguas cruzadas". Podes buscar as outras partes no You tube:

25/4/14

No futuro, Galicia será fermosa?

Durante todo o curso falamos dabondo a imaxe idealizada da "fermosura" de Galicia. Sen embargo, algúns datos poden poñer en custión isa creenza fortemente asentada entre vos: as explotacións mineiras, a deforestación, o cambio climático, as eólicas, as infraestructuras... etc... Hai numerosos datos que nos obrigan a repensar cómo será Galicia dentro de 25 anos... Para axudar aquí tedes un mapa interactivo das ameazas á imaxe bucólica do pais... Podes descargalo con funcións interactivas activadas aquí:





24/4/14

Un italiano en Galicia






Algúns me advertides sobre da dificultade de ver "cine distinto" en Ferrol. Pois ben, nesta ocasión podo advertirvos a tempo da proxección no cine Duplex dende o vernes 25 de abril ata o martes 29, en función única as 18 horas, e por un prezo ridículo, da película "9 olas" do talentoso director italiano -mais afincado en Ourense-  Simone Saibene, quen con medios moi escasos propónnos unha peculiar viaxe pola Galicia contemporánea na percura da identidade. Non é necesario dispor de grandes medios para amosar  miradas persoais sobre a realidade inmediata. O propio director presentará as sesións de cada proxeción e dende o blog  invítovos cordialmente a asistir a algunha das proxeccións. Aquí tedes algunhas das ideas que agroman baixo das "9 olas", e aquí unha fermosa e completa entrevista realizada pola xornalista Montse Dopico que vos pode aportar pistas sobre o filme



O fin de semana anúnciase chuvioso, polo que non parece unha mala ocasión para sentárense no cinema; Adrián podería "matar o aburrimento"  existencial  e ontolóxico que arrastra durante un tempo (xa demasiado), ainda que Pablo vai dicir que é lenta porque él vive moi apresa; Iago -xove promesa do Novo cine galego, podería comprobar que para expresarse có cinema só fai falla decisión e ousadía, e á parella de feito Brandán-Sergio ao mellor pillaría algunha idea orixinal para realizar algún video para Historia de Galicia; A Eva quizais lle amosaría que Galicia ten moitos mais matices interesantes dos que se miran a primeira vista. Ao trío Sergio, Noelia e Elsa que a paisaxe rural é a principal fonte de inspiración para os artistas que nos visitan mentres os galegos a desprezamos. Noelia, Natalia, Laura e María para que entenderan que a percura de un mesmo, pensar e "reiventarse" é unha das tarefas mais importantes da idade na que vivides, para que non se despisten con cuestións epidérmicas e banais e maduren dunha vez con mais fortaleza; Rafael ratificarase  no seu, no orgullo da terra e que fora coñécesenos pouco. Alicia comprobará que Galicia é algo mais que a Galicia bonita de lendas e praias fermosas; Carlos sacará a súa retranca tan "nosa" para soltar algunha frase lapidaria das súas e que dará na diana de seguro; David poderá "ensoñar" coas imaxes dunha nova banda sonora á fermosa fotografía do filme. Enfin colegas... que si queredes probar algo diferente, feito dende o corazón e a paixón polo cinema e Galicia, aí tedes unha ocasión de ouro. Polo menos probadea.Aí vai o trailer:

19/4/14

O noso profesor nos Mestre Mateo

Encontrábame hoxe aburrido despois de comer e ocurriuseme buscar a ver si estaba na rede o video no que premiaban a Manolo, debido a que nin me acordei de miralo o sabado pasado. O deixo aquí para se a algún rezagado coma eu se lle olvidou tamén...


9/4/14

Sobre qué escribo?

Xa falamos desto en clase. O pánico diante da folla en branco. Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?.....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capitáns.."

14/3/14

Encallados, un aire de historia e verdade

Xa comentamos dabondo en clase a peli de Alfonso Zarauza "Encallados", candidato a varios premios nos Mestre Mateo que se celebrarán no mes de abril. Rebeldía, memoria histórica e cinema engellédanse nesta entrevista ao seu director que podedes (e deberíades) ler aquí. Que vos preste, privilexiados..

11/3/14

Maruja Mallo

O outro día falamos en clase da grandísima artista Maruja Mallo. Hoxe fálase na prensa do ronsel da súa obra hoxe. Podes ler a nova aquí e de paso enterarte da traxectoria desta creadora universal

9/3/14

Concepción Arenal

Non podo pasar a ocasión de recomendar o visionado desta película sobre a ferrolana  Concepción Arenal, unha das mulleres mais sobraceiras do século XIX español. Podes ver a peli íntegra aquí.

6/3/14

Para qué serve o galego?

As veces os medios de comunicación e os prexuizos impíden ter a cabeza no seu sitio. Non deixedes de ver ista entrevista ao experto lingüista  Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático da Universidade Autónoma de Madrid. Tamén resulta ben manifesta a tendenciosidade que amosa a entrevistadora, que queda ao descuberto polos prexuizos dende os que fai as preguntas capciosas... (adicado a Sergio C. )

26/2/14

Galicia para un galego

Galicia para min sempre foi unha terra de tópicos. O lugar onde nacín e polo tanto a miña terra que teño que defender cando alguén se mete con ela…nada máis, algo un pouco mecanizado que temos todos cando nos preguntan sobre Galicia e automáticamente contestamos : praias, torre de Hércules, cocido…o típico…isto era Galicia para min, hasta agora.
Agora non sei se grazas ou por desgraza ao meu profesor de historia de Galicia, a miña percepción sobre a miña terra vai cambiando cada vez máis…co que me gustaba a min falar sobre o cocido e o Racing de Ferrol…pois por culpa de Manolo, isto acabouse. Agora teño argumentos para falar, aunque sexa un pouco ,da verdadeira terra.
Non tiña nin idea a verdade, dos segredos que gardaba Galicia, das costumes, das creenzas, e en xeral, da súa historia.  Agora que sei un pouco máis descubro que Galicia ten unha historia que contar, que moitas veces estudamos as grandes guerras que sucederon no mundo e nos olvidamos da esquiniña de alá arriba, si, esa que queda a tomar por culo que somos nós. Nesa esquiniña ao longo dos séculos sucederon todo tipo de acontecementos e guerras que estamos cansos de coñecer sobre outros lugares pero que nin nós mesmos sabemos que fai anos pasou o mesmo na nosa esquiniña….a revolta irmandiña, as guerras dos castrenses os corruptos donos de pazos en San Sadurniño, a mafia do Soupiñas, a guerra civil…incluso temos cine de calidade ¡¡¡¡ increíble….
Pois é así…Galicia é moito máis do que pensaba e leveime unha grata sorpresa ao coñecer un pouquiño máis sobre a súa historia.

Polo tanto podo afirmar que Galicia para min e dende a miña ignorancia, é unha terra que a parte de ter unha torre como dios manda e un cocido que te cagas, é unha terra moito máis interesante que outras que pensamos que son a repera, pero que está destinada a un segundo plano renegado do mapa…destinada a ser unha esquiniña olvidada, coa que non conta ninguén....pero oiches? Que nos quiten o bailado.

Pode realmente unha mentira contar a verdade?

Este é o lema deste documental. Relacionado con el falo no meu propio blog. Aquí volo deixo, e gustaríame especialmente que comentasedes sobre o tema, xa que me parece moi serio; algo sobre o que todos deberiamos reflexionar. Pincha aquí para velo. A debatir pois.

¿Qué pasaría en Ferrolterra se Navantia pechase?



Fixen unha entrada entevistando a un traballador de Navantia, preguntandolle por como estaba a empresa nestes momentos. Para os que queran escoitala, e non queran ir a o meu blog, poden escoitala aquí

Tan solo fixen entrada para proponervos a seguinte pregunta: ¿Qué pensades que será de Ferrolterra se Navantia pecha as súas portas?


                                        QUÉN DI QUE NON PASOU NADA EN FERROL?

Déixovos aquí un fragmentiño que nos puso Manolo en clase pero o recordo por si a alguén lle serve de axuda recordar máis acontecementos de Ferrol. Espero que vos sirva de axuda nas vosas entradas. Un abrazo.

A catástrofe das fragas ainda perduran.

Un das mayores catastrofes naturais vividas na provincia da Coruña, ainda hoxe non estan recuperadas un lugar en verdade bonito de ver...

Opinión dunha Zaragozana

Mirando Blogs da xente vin este comentario para min ofensivo dando unha opinión respecto a Galicia por aroa007, é a primeira.
Pincha Aquí para verla.


24/2/14

Razones para amar Galicia

En varias ocasións falamos en clase do arraigados que están os tópicos sobre Galicia nos medios de comunicación e tamén -e isto é o mais lamentábel- nas mentes dos propios galegos. Nun artigo recente da revista "GQ", podedes comprobalo empíricamente. Aquí podedes lelo, e de paso si vos cadra, cabrearvos un pouco.

18/2/14

Curso de linguaxe audiovisual

Como algúns de vos andades a facer videos ou entrevistas, pareceume interesante adxuntar iste clip que en si mesmo é unha clase de linguaxe audiovisual. Neso que tanto insisto, na entrevista o importante é o entrevistado e o plano debe ser o plano. Algún comentario?:
(adicado a Iago e a Sergio)

Curso de Iniciación al Vídeo digital from LENS Escuela de Artes Visuales on Vimeo.

15/2/14

Insubmisa e rebelde

E aquí tedes unha entrada de Sabela Bará unha rapaza de 20 anos de Pontevedra que se declara "insubmisa e rebelde".. xa que estamos co tema da rebeldía e o día 26 péchase o prazo de entrega das vosas aportacións...Enlace aquí

12/2/14

O derradeiro rebelde antifranquista?


José Castro Veiga, O Piloto


Un dos "rebeldes" mais teimudos contra a ditadura franquista foi José Castro Veiga, O Piloto, quen resistiuse a rendirse ata o mesmo día da súa morte en 1965. O xornal "Praza pública" ven de publicar un artigo sobre a súa incríbel peripecia vital. Podes lelo aquí, non te arrepentirás.

6/2/14

A metade da riqueza de Galiza concéntrase en mans do 0,26% da poboación


Toda a capacidade económica de Galicia  nas súas diferentes ramas produtivas fica por baixo do patrimonio que teñen os seus 2 habitantes máis ricos. O PIB galego foi en 2012 de pouco máis de 55.000 millóns de euros. A fortuna que 'Forbes' lle atribúe a Amancio Ortega supera os 48.500 millóns. Por resumilo, e simplificando en chave de ironía: para o mundo do sarillo económico sería máis catastrófico que desaparecesen Amancio e Sandra Ortega que que desaparecese Galiza.  
Galiza é o cuarto territorio do Estado, tras Madrid, Valencia e Balears, cos 'ricos máis ricos'. En 2011 o goberno Zapatero recuperou o Imposto de Patrimonio. A recadación obtida e o número de contribuíntes obrigados a pagalo dannos unha boa fotografía deos ricos que hai en Galiza.

Son 7.090 persoas cunha base impoñíbel que supera os 700.000 euros ou con no mínimo 2 millós de euros en bens. Son apenas o 0,26% da poboación de Galiza mais atesouran 25.413 millóns de euros, equivalente á metade do PIB do noso país. ( fonte Sermos Galicia)

5/2/14

O Castelo da Rochaforte

O outro día falamos en clase dunha magnífica e  completa web que abriu hai pouco arredor dun dos castelos mais impresionantes de Galicia, destruido na Revolta Irmandiña.  Aquí tedes o enlace para que lle fagades unha visita.
Ficheiro:Reconstrución-fortaleza a rocha.jpg
Centos de historias individuais e colectivas, persoeiros, cobiza, fazañas amor e traizóns.. Todo nun mesmo espazo que dispara a imaxinación, e permítenos viaxar a un tempo, que nalguns aspectos é moi semellante ao contemporáneo. 

22/1/14

O legado de Franco en Ferrol

Nestes días a xornalista Patricia Hermida escribiu un magnífico relato, directo e afiado como un coitelo sobre o ronsel de Francisco Franco e o franquismo no Ferrol contemporaneo. Como estamos traballando no asunto da memoria histórica recente, paréceume interesante a súa lectura que vos recomendo moi vivamente. De seguro que paseades a cotío por algún dos rueiros que aparecen citados no artigo. Non deixedes de lelo.




Aquí tedes a ligazón : Oscuro legado de Franco en Ferrol