30/4/14

Virá algun turista á Galicia do 2040?

A pregunta retórica baséase na continuidade ou non dese fenómeno tan "galego" denominado Feismo. Ancorado nunha escasa tradición cultural e falta de autoestima, a paisaxe rural galega deteriórase por momentos. A Nova Ley de Montes ou de Costas do ministro Arias Cañete promete darlle a puntilla. a isa mirada tan naif e bucólica que tod@s tiñades de Galicia ao comezo do curso.  Vale, tedes xa 40 anos e ídeslle a amosar Galicia a uns colegas que queren coñecer a nosa terra. Qué verán?. Hai xeito de contrarrestar iste fenómeno?.
Nesta páxina web podedes achegarvos a iste proceso de deterioro da paisaxe rural e urbana. Tamén aquí tedes unha boa colección de fotografías para que entendades ben de qué estamos a falar, ou este blog "Feismo sen encanto"  íntegramente adicado a esta ¿tendencia estética?... Estaría ben que
 visitarades as numerosas referenzas escritas, visuais e audiovisuals que abondan pola rede para construir unha utopia ou distopia sobre a Galicia do 2040.

Galicia, paraiso da terceira idade?

Outra das distopias-utopias sobre a que podedes traballar é o problema demográfico na Galicia do futuro. No 2039 sairedes a pasear por Ferrol e a quén veredes na paisaxe?.. Serán só vellos?, ou haberá savia nova que alegre o voso presente?. Hai moita xente preocupada por ise tema. Nesta ligazón tedes numerosas novas sobre este problema do futuro de Galicia. Ata os políticos alertan cada día con mais insistencia sobre este peculiar problema que nos convirte no territorio mais envellecido de Europa.
E si miramos á Ferrol tampouco é para seren moi optimistas. Aquí tedes a pirámide de poboación segundo o censo do 2012:


Mirade tamén a evolución da poboación ferrolana no decurso do tempo e proxectade a tendencia ata o 2040...



A nada que lle preguntedes ao Señor Google sobre este asunto non deixaredes de ver fotos, videos e documentos sobre un dos problemas centrais de Galicia e factor clave do seu futuro.



No 2040, falarase galego?

Nas olladas sobre a situación de Galicia no 2040 non podería faltar unha reflexión sobre o galego. Moitos de vos no debate de clase pensades que o galego xa non existirá como idioma, Propóñovos tres visionados complementarios como base para unha posible reflexión persoal.
.
 1.- O primeiro é do creador Edu Lavandeira e propón unha curtametraxe distópica sobre o galego no 2098:


2.- O segundo estaría enmarcado na utopía do galego como lingua de referenza "que sabe a pan", nun lipdub realizado por nenos nun colexio de Cea (ourense):  

3.- O terceiro visionado é a primeira parte dun documental realista moi interesante sobre a lingua dos adolescentes galegos realizado por Maria Yañez có titulo de "Linguas cruzadas". Podes buscar as outras partes no You tube:

25/4/14

No futuro, Galicia será fermosa?

Durante todo o curso falamos dabondo a imaxe idealizada da "fermosura" de Galicia. Sen embargo, algúns datos poden poñer en custión isa creenza fortemente asentada entre vos: as explotacións mineiras, a deforestación, o cambio climático, as eólicas, as infraestructuras... etc... Hai numerosos datos que nos obrigan a repensar cómo será Galicia dentro de 25 anos... Para axudar aquí tedes un mapa interactivo das ameazas á imaxe bucólica do pais... Podes descargalo con funcións interactivas activadas aquí:





24/4/14

Un italiano en Galicia






Algúns me advertides sobre da dificultade de ver "cine distinto" en Ferrol. Pois ben, nesta ocasión podo advertirvos a tempo da proxección no cine Duplex dende o vernes 25 de abril ata o martes 29, en función única as 18 horas, e por un prezo ridículo, da película "9 olas" do talentoso director italiano -mais afincado en Ourense-  Simone Saibene, quen con medios moi escasos propónnos unha peculiar viaxe pola Galicia contemporánea na percura da identidade. Non é necesario dispor de grandes medios para amosar  miradas persoais sobre a realidade inmediata. O propio director presentará as sesións de cada proxeción e dende o blog  invítovos cordialmente a asistir a algunha das proxeccións. Aquí tedes algunhas das ideas que agroman baixo das "9 olas", e aquí unha fermosa e completa entrevista realizada pola xornalista Montse Dopico que vos pode aportar pistas sobre o filme



O fin de semana anúnciase chuvioso, polo que non parece unha mala ocasión para sentárense no cinema; Adrián podería "matar o aburrimento"  existencial  e ontolóxico que arrastra durante un tempo (xa demasiado), ainda que Pablo vai dicir que é lenta porque él vive moi apresa; Iago -xove promesa do Novo cine galego, podería comprobar que para expresarse có cinema só fai falla decisión e ousadía, e á parella de feito Brandán-Sergio ao mellor pillaría algunha idea orixinal para realizar algún video para Historia de Galicia; A Eva quizais lle amosaría que Galicia ten moitos mais matices interesantes dos que se miran a primeira vista. Ao trío Sergio, Noelia e Elsa que a paisaxe rural é a principal fonte de inspiración para os artistas que nos visitan mentres os galegos a desprezamos. Noelia, Natalia, Laura e María para que entenderan que a percura de un mesmo, pensar e "reiventarse" é unha das tarefas mais importantes da idade na que vivides, para que non se despisten con cuestións epidérmicas e banais e maduren dunha vez con mais fortaleza; Rafael ratificarase  no seu, no orgullo da terra e que fora coñécesenos pouco. Alicia comprobará que Galicia é algo mais que a Galicia bonita de lendas e praias fermosas; Carlos sacará a súa retranca tan "nosa" para soltar algunha frase lapidaria das súas e que dará na diana de seguro; David poderá "ensoñar" coas imaxes dunha nova banda sonora á fermosa fotografía do filme. Enfin colegas... que si queredes probar algo diferente, feito dende o corazón e a paixón polo cinema e Galicia, aí tedes unha ocasión de ouro. Polo menos probadea.Aí vai o trailer:

19/4/14

O noso profesor nos Mestre Mateo

Encontrábame hoxe aburrido despois de comer e ocurriuseme buscar a ver si estaba na rede o video no que premiaban a Manolo, debido a que nin me acordei de miralo o sabado pasado. O deixo aquí para se a algún rezagado coma eu se lle olvidou tamén...


9/4/14

Sobre qué escribo?

Xa falamos desto en clase. O pánico diante da folla en branco. Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?.....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capitáns.."