18/2/14

Curso de linguaxe audiovisual

Como algúns de vos andades a facer videos ou entrevistas, pareceume interesante adxuntar iste clip que en si mesmo é unha clase de linguaxe audiovisual. Neso que tanto insisto, na entrevista o importante é o entrevistado e o plano debe ser o plano. Algún comentario?:
(adicado a Iago e a Sergio)

Curso de Iniciación al Vídeo digital from LENS Escuela de Artes Visuales on Vimeo.

15/2/14

Insubmisa e rebelde

E aquí tedes unha entrada de Sabela Bará unha rapaza de 20 anos de Pontevedra que se declara "insubmisa e rebelde".. xa que estamos co tema da rebeldía e o día 26 péchase o prazo de entrega das vosas aportacións...Enlace aquí

12/2/14

O derradeiro rebelde antifranquista?


José Castro Veiga, O Piloto


Un dos "rebeldes" mais teimudos contra a ditadura franquista foi José Castro Veiga, O Piloto, quen resistiuse a rendirse ata o mesmo día da súa morte en 1965. O xornal "Praza pública" ven de publicar un artigo sobre a súa incríbel peripecia vital. Podes lelo aquí, non te arrepentirás.

6/2/14

A metade da riqueza de Galiza concéntrase en mans do 0,26% da poboación


Toda a capacidade económica de Galicia  nas súas diferentes ramas produtivas fica por baixo do patrimonio que teñen os seus 2 habitantes máis ricos. O PIB galego foi en 2012 de pouco máis de 55.000 millóns de euros. A fortuna que 'Forbes' lle atribúe a Amancio Ortega supera os 48.500 millóns. Por resumilo, e simplificando en chave de ironía: para o mundo do sarillo económico sería máis catastrófico que desaparecesen Amancio e Sandra Ortega que que desaparecese Galiza.  
Galiza é o cuarto territorio do Estado, tras Madrid, Valencia e Balears, cos 'ricos máis ricos'. En 2011 o goberno Zapatero recuperou o Imposto de Patrimonio. A recadación obtida e o número de contribuíntes obrigados a pagalo dannos unha boa fotografía deos ricos que hai en Galiza.

Son 7.090 persoas cunha base impoñíbel que supera os 700.000 euros ou con no mínimo 2 millós de euros en bens. Son apenas o 0,26% da poboación de Galiza mais atesouran 25.413 millóns de euros, equivalente á metade do PIB do noso país. ( fonte Sermos Galicia)

5/2/14

O Castelo da Rochaforte

O outro día falamos en clase dunha magnífica e  completa web que abriu hai pouco arredor dun dos castelos mais impresionantes de Galicia, destruido na Revolta Irmandiña.  Aquí tedes o enlace para que lle fagades unha visita.
Ficheiro:Reconstrución-fortaleza a rocha.jpg
Centos de historias individuais e colectivas, persoeiros, cobiza, fazañas amor e traizóns.. Todo nun mesmo espazo que dispara a imaxinación, e permítenos viaxar a un tempo, que nalguns aspectos é moi semellante ao contemporáneo. 

22/1/14

O legado de Franco en Ferrol

Nestes días a xornalista Patricia Hermida escribiu un magnífico relato, directo e afiado como un coitelo sobre o ronsel de Francisco Franco e o franquismo no Ferrol contemporaneo. Como estamos traballando no asunto da memoria histórica recente, paréceume interesante a súa lectura que vos recomendo moi vivamente. De seguro que paseades a cotío por algún dos rueiros que aparecen citados no artigo. Non deixedes de lelo.




Aquí tedes a ligazón : Oscuro legado de Franco en Ferrol

28/11/13

Unha procesión única

Quizais -porque sodes moi novos- non coñezades a música que "soa" nesta procesión. Mais iste plano secuencia entre surrealista e bravú resulta tan extraordinariamente divertido que aí vai como agasallo de fin de avaliación, para "estimular" a vosa mirada sobre Galicia..

 A) Aquí tedes o himno e a letra do mais famoso himno revolucionario anarquista da historia: "A las barricadas":

 B) E agora mirade o que pasa cando modificamos a "banda visual", cunha gravación auténtica realizada fai unha semana nunha aldea de Lugo e que semella pertencer a un filme "vello" (isa sería a vosa expresión). Interesante, non? Admítense opinións....