24/4/14

Un italiano en Galicia






Algúns me advertides sobre da dificultade de ver "cine distinto" en Ferrol. Pois ben, nesta ocasión podo advertirvos a tempo da proxección no cine Duplex dende o vernes 25 de abril ata o martes 29, en función única as 18 horas, e por un prezo ridículo, da película "9 olas" do talentoso director italiano -mais afincado en Ourense-  Simone Saibene, quen con medios moi escasos propónnos unha peculiar viaxe pola Galicia contemporánea na percura da identidade. Non é necesario dispor de grandes medios para amosar  miradas persoais sobre a realidade inmediata. O propio director presentará as sesións de cada proxeción e dende o blog  invítovos cordialmente a asistir a algunha das proxeccións. Aquí tedes algunhas das ideas que agroman baixo das "9 olas", e aquí unha fermosa e completa entrevista realizada pola xornalista Montse Dopico que vos pode aportar pistas sobre o filme



O fin de semana anúnciase chuvioso, polo que non parece unha mala ocasión para sentárense no cinema; Adrián podería "matar o aburrimento"  existencial  e ontolóxico que arrastra durante un tempo (xa demasiado), ainda que Pablo vai dicir que é lenta porque él vive moi apresa; Iago -xove promesa do Novo cine galego, podería comprobar que para expresarse có cinema só fai falla decisión e ousadía, e á parella de feito Brandán-Sergio ao mellor pillaría algunha idea orixinal para realizar algún video para Historia de Galicia; A Eva quizais lle amosaría que Galicia ten moitos mais matices interesantes dos que se miran a primeira vista. Ao trío Sergio, Noelia e Elsa que a paisaxe rural é a principal fonte de inspiración para os artistas que nos visitan mentres os galegos a desprezamos. Noelia, Natalia, Laura e María para que entenderan que a percura de un mesmo, pensar e "reiventarse" é unha das tarefas mais importantes da idade na que vivides, para que non se despisten con cuestións epidérmicas e banais e maduren dunha vez con mais fortaleza; Rafael ratificarase  no seu, no orgullo da terra e que fora coñécesenos pouco. Alicia comprobará que Galicia é algo mais que a Galicia bonita de lendas e praias fermosas; Carlos sacará a súa retranca tan "nosa" para soltar algunha frase lapidaria das súas e que dará na diana de seguro; David poderá "ensoñar" coas imaxes dunha nova banda sonora á fermosa fotografía do filme. Enfin colegas... que si queredes probar algo diferente, feito dende o corazón e a paixón polo cinema e Galicia, aí tedes unha ocasión de ouro. Polo menos probadea.Aí vai o trailer:

19/4/14

O noso profesor nos Mestre Mateo

Encontrábame hoxe aburrido despois de comer e ocurriuseme buscar a ver si estaba na rede o video no que premiaban a Manolo, debido a que nin me acordei de miralo o sabado pasado. O deixo aquí para se a algún rezagado coma eu se lle olvidou tamén...


9/4/14

Sobre qué escribo?

Xa falamos desto en clase. O pánico diante da folla en branco. Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?.....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capitáns.."

14/3/14

Encallados, un aire de historia e verdade

Xa comentamos dabondo en clase a peli de Alfonso Zarauza "Encallados", candidato a varios premios nos Mestre Mateo que se celebrarán no mes de abril. Rebeldía, memoria histórica e cinema engellédanse nesta entrevista ao seu director que podedes (e deberíades) ler aquí. Que vos preste, privilexiados..

11/3/14

Maruja Mallo

O outro día falamos en clase da grandísima artista Maruja Mallo. Hoxe fálase na prensa do ronsel da súa obra hoxe. Podes ler a nova aquí e de paso enterarte da traxectoria desta creadora universal

9/3/14

Concepción Arenal

Non podo pasar a ocasión de recomendar o visionado desta película sobre a ferrolana  Concepción Arenal, unha das mulleres mais sobraceiras do século XIX español. Podes ver a peli íntegra aquí.