Hai por aí xente teimuda en aportar xeitos
alternativos de mirar Galicia. Algunha vez en clase faleivos dun dos meus blogs
galegos favoritos: Capítulo Cero. O seu autor Manolo Gago, é un xornalista un
tanto especial, xa que ten unha obsesión especial pola divulgación do patrimonio
galego -e mais en particular entre as novas xeracións-, utilizando todo tipo de
tecnoloxía contemporánea e unha narrativa na que prima a emoción sobre o coñecemento fosilizado. Manolo ven de anunciar un novo e apaixoante
proxecto que se presentará publicamente o 30 de outubro: Vento e Chuvia. Non vou a desvelar de
qué vai. Se vos interesa... teredes que navegar pola súa páxina... Non estaría
mal que aportarades as vosas opinións...
Iste é o video de promoción...
Ten pinta de estar moi ben , ademais que o tema do que vai a tratar é do meu agrado xa que me gusta moito a Idade Antiga e sobre todo as lendas , xa que me fai recordar algúnhas experiencias de anos atras cando o meu avó contabame cousas de este estilo.
ResponderEliminar