A semana
pasada, buscando información sobre os cultos que realizaban o pobo
castrexo, atopeime con que os castrexos tiñan certo tipo de elementos
divinizados, un deles era a auga.
A
auga é un elemento central en moitas culturas antigas, e a castrexa é
unha delas. A auga, nas súas diferentes formas: ríos, mananciais, fontes
e océanos tiña un carácter sagrado, e nela se aloxaban divinidades de
orixe acuática, como o Hakemann, un home provido dun gancho que levaba a
xente ao interior das augas e os devoraba. Aínda así a auga tiña,
xeralmente, cualidades positivas. Decíase que certas chuvias, ao
procederen do ceo (outro elemento sagrado para os castrexos) tiñan unha
natureza sagrada, que fecundaba. Incluso decíase que as pingas das
treboadas de verán facían que naceran sapos do solo.
As
augas tiñan diversas propiedades curativas, curaban males naturais e
doenzas de orixe misterioso. Tiñan tamén un carácter purificador, que
vese recollido nunha tradición chamada " a tradición do baño das nove
ondas", localizada na praia da Lanzada, en Sanxenxo, na que se dicía cá auga de esa zona curaba as dores físicas e psíquicas.
A
auga tamén tiña un carácter animado, algo que se ve na crenza de que se
se bebía despois dás doce da noite podía xerar doenzas, pois desde esa
hora a auga estaba durmida. Pola contra, as que se beben pouco antes do
abrente decíase que tiñan un carácter benfeitor, xa que alongaba a vida.
Aínda así as mellores augas eran as recollidas no abrente do día de San
Xoán, chamadas flor de auga, e que curiosamente é unha tradición que
pervive ata os nosos días.
Moitos
dos seres que protexían as augas foron cristianizados e pasaron a ser
santos. Neste conxunto de santos que foron anteriormente protectores das
augas na cultura castrexa pódense sinalar tres grupos: os que pereceron
polo lume, como santa Mariña, os que teñen relación coas augas, como
san Cristovo; e por último os que teñen relación coas doenzas da pel, as
que se aplica unha cura con auga.
A
realidade desta cristianización levada á cabo pola relixión dominante
vese claramente no feito de que sempre hai nun santuario unha fonte
milagreira, elemento clave na cultura castrexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario