26/11/13

Vai de vento



Segundo o video de Manuel Gago que fixo para a súa presentacion de Vento e Chuvia, decidín, a partir disto, facer eu a miña propia lenda sobre os deuses de Galicia. 












Conta unha lenda que nas noites onde a lúa está chea e o silencio é capaz de inundar ata os máis profundos bosques, pasa algo moi raro. Onde non hai nin un piar dun paxaro, nin un remexer das follas, nin un suspirar dun alma...

Esas noites sucede que o Deus do Vento, baixa dende os seus apousentos  ata a superficie da Terra, onde os mortais habitan, ou iso din os que os algunha vez os viron. Descende aos bosques máis afastados das cidades, e, unha vez pousado o seu carro esplendoroso na terra húmida, baixa del e comeza a facer bailar as follas. Unha a unha érgueas e comezan a danzar arredor de si. Aseméllase a unha representación de danza clásica aínda mellor cas rusas. Algo nunca visto, e quen poida ser digno de velo, que leve cámara e que traia probas de tal magnífico espectáculo.


Para os humanos das cidades, que viven na ignorancia, pensan que é unha borrasca que se achega desde o noroeste, e o home que vive na tele e ás nove conta o tempo que vai facer mañá, e se teremos que levar abrigo, bufanda ou paraugas; o home que se cre adiviño para dicir se vai facer frío ou non, se vai chover ou non; ese home que non sabe que a tal borrasca esa non ten nin idea e que en realidade o Deus do Vento está facendo das súas no bosque máis grande dos arredores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario